O pasado 20 de maio unha representación de alumnos e dous profesores participamos no Congreso Galego de Voluntariado celebrado en Ferrol, nas instalacións do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (CIS).
|  | 
| Os alumnos antes de iniciarse os actos do congreso | 
O encontro constou de dúas partes, nunha primeira houbo varias conferencias e a presentación da curtometraxe (Vida) e do documental (Máis ca Vida). Dende logo foron o plato forte do encontro posto que deixaron aos nosos alumnos abraiados tanto nas proxeccións coma no turno de preguntas co director e os protagonistas.
|  | 
| Varias alumnas co director Rubén Riós | 
Tras esta primeira parte no salón de actos, tivemos tempo para xantar e facer unha foto de grupo.
|  | 
| Profes e alumnos do cole no photocall do congreso | 
|  | 
| Kevin, Richard, Jairo e David |  | 
 | 
|  | 
| Detalle da comida | 
|  | 
| Carlota, Raquel, Carina, Andrea e Camila | 
|  | 
| Antía e Alejandro | 
Xa pola tarde os profes puidemos asistir ao world café e os alumnos tiveron a oportunidade de participar nos diferentes obradoiros, dende a visita ao centro de realidade virtual do CIS, a asistencia ao teatro foro así como os visionados das curtometraxes realizadas polos centros educativos e outras actividades.
|  | 
| Richard, David, Kevin, Jairo, Carina, Carlota, Antía, Alejandro e Raquel | 
 | 
 Como despedida asistimos ao programa de radio emitido en directo dende o salón de actos así como á proxección dun pequeno video de 3 minutos coelaborado polos centros participantes, facendo entrevistas a voluntarios alleos aos centros.
Para rematar queremos felicitar aos alumnos polo seu traballo e comportamento en todo momento, así como pola súa implicación en cada unha das actividades realizadas.
¡¡¡Noraboa!!!
 
Parabéns pola vosa implicación - alumnado e profes!!!-
ResponderEliminarun saúdo