lunes, 18 de diciembre de 2017

Remate da campaña do Nadal 2017

A pasada semana fixemos entrega ás asociacións Vida Digna e Ayuvi da comida e dos xoguetes doados pola comunidade educativa na Campaña de Nadal solidario que implementanos coma todos os anos nestas datas.
Queremos agradecer dende aquí a todos os implicados neste proxecto a súa colaboración tanto en forma de doazón coma no tempo empregado no voluntariado.

 








Felices Festas!!

domingo, 3 de diciembre de 2017

Colaboración Banco de Alimentos 2017

Estamos moi orgullosos da implicación dos nosos alumnos e alumnas neste curso académico 2017-2018 pola súa colaboración en todas as actividades desenvolvidas con carácter voluntario. Especialmente nesta fin de semana, colaborando co Banco de Alimentos na Gran Recollida 2017. A continuación mostramos unha serie de fotos de cada grupo de voluntarios que fixeron turnos tanto o venres coma o sábado. Tamén queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado do centro xa que sin a súa axuda non sería posible.















GRACIAS!

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Charlas doazón de órganos

Coma ven sendo habitual, tivemos o ciclo de charlas sobre doazón de órganos a cargo do Servizo Galego de Saúde.

Nestas charlas participaron os alumnos e alumnas de primeiro curso de grao medio de xestión administrativa e instalación de telecomunicacións, así como os alumnos de primeiro curso de FPB.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Campaña de recollida de xoguetes e comida navideña

Coma todos os anos, de cara á campaña de Nadal, iniciamos a recollida de xoguetes novos ou usados así como de comida típica das festas de Nadal para as asociacions Vida Digna de Ayuvi. A continuación amosamos o traballo dos alumnos e alumnas que ademáis de recoller e organizar os xoguetes os limpan e deixan en boas condicións para a súa doazón ás asociacións.



Iniciamos a actividade de axuda aos montes da comarca

Durante este curso, conmocionados polos lumes que afectaron á nosa comarca no mes de outubro, os alumnos tiveron a iniciativa de sementar especies autóctonas para unha vez xerminen doar estes árboles ás asociacións de montes afectadas polos lumes.
Deixamos unha primeira mostra da actividade iniciada polas alumnas de TCAE



Visita á Fundación Sales

As pasadas semanas, os alumnos de primeiro e segundo de Formación Profesional Básica realizaron unhas visitas guiadas na Fundación Sales de Vigo. Nas mesmas coñeceron a actividade que desenvolve esta fundación así como as iniciativas que leva a cabo de cara á conservación da natureza así como outros proxectos de tipo solidario.
Os alumnos tiveron actividades nas que plantaron diversos tipos de sementes de leituga, carballo ou aloe vera, entre outros. Ao final da visita trouxeron unha planta como recordo da visita.










martes, 23 de mayo de 2017

Nova acción solidaria

En colaboración coa federación veciñal e a Xunta de Galicia, colaboramos no reciclado de roupa, calzado e textil do fogar para o seu aproveitamento posterior con familias desfavorecidas



martes, 25 de abril de 2017

Acción solidaria de reciclaxe

Estamos levando a cabo no centro una acción solidaria para concienciar da importancia da reciclaxe. Os alumnos entregaron en cada aula un recipiente para recollida de papel para reciclar. A maiores fixeronse charlas para concienciar ao resto de alumnos da necesidade de ser respetuosos co medioambiente.


lunes, 3 de abril de 2017

Actividades 2ª avaliación

 Promoción do cepillado de dentes nos cursos de infantil promovido polos alumnos de TCAE


Semana da ciencia

Os alumnos de TCAE fixeron diversas demostracións tanto sanitarias coma de outro tipo para promover ante o resto do alumnado das posibilidades que nos ofrecen os experimentos científicos. Ademáis tamén se desenvolveron outro tipo de actividades nas aulas para a promoción científica.