sábado, 21 de mayo de 2016

Congreso Galego de Voluntariado - Ferrol 2016

O pasado 20 de maio unha representación de alumnos e dous profesores participamos no Congreso Galego de Voluntariado celebrado en Ferrol, nas instalacións do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (CIS).

Os alumnos antes de iniciarse os actos do congreso

O encontro constou de dúas partes, nunha primeira houbo varias conferencias e a presentación da curtometraxe (Vida) e do documental (Máis ca Vida). Dende logo foron o plato forte do encontro posto que deixaron aos nosos alumnos abraiados tanto nas proxeccións coma no turno de preguntas co director e os protagonistas.

Varias alumnas co director Rubén Riós

Tras esta primeira parte no salón de actos, tivemos tempo para xantar e facer unha foto de grupo.
Profes e alumnos do cole no photocall do congreso
Kevin, Richard, Jairo e David
Detalle da comida

Carlota, Raquel, Carina, Andrea e Camila

Antía e Alejandro

Xa pola tarde os profes puidemos asistir ao world café e os alumnos tiveron a oportunidade de participar nos diferentes obradoiros, dende a visita ao centro de realidade virtual do CIS, a asistencia ao teatro foro así como os visionados das curtometraxes realizadas polos centros educativos e outras actividades.

Richard, David, Kevin, Jairo, Carina, Carlota, Antía, Alejandro e Raquel



 Como despedida asistimos ao programa de radio emitido en directo dende o salón de actos así como á proxección dun pequeno video de 3 minutos coelaborado polos centros participantes, facendo entrevistas a voluntarios alleos aos centros.

Para rematar queremos felicitar aos alumnos polo seu traballo e comportamento en todo momento, así como pola súa implicación en cada unha das actividades realizadas.

¡¡¡Noraboa!!!

1 comentario: