Coma ven sendo habitual, tivemos o ciclo de charlas sobre doazón de órganos a cargo do Servizo Galego de Saúde.
Nestas charlas participaron os alumnos e alumnas de primeiro curso de grao medio de xestión administrativa e instalación de telecomunicacións, así como os alumnos de primeiro curso de FPB.
miércoles, 29 de noviembre de 2017
miércoles, 15 de noviembre de 2017
miércoles, 8 de noviembre de 2017
Campaña de recollida de xoguetes e comida navideña
Coma todos os anos, de cara á campaña de Nadal, iniciamos a recollida de xoguetes novos ou usados así como de comida típica das festas de Nadal para as asociacions Vida Digna de Ayuvi. A continuación amosamos o traballo dos alumnos e alumnas que ademáis de recoller e organizar os xoguetes os limpan e deixan en boas condicións para a súa doazón ás asociacións.
Iniciamos a actividade de axuda aos montes da comarca
Durante este curso, conmocionados polos lumes que afectaron á nosa comarca no mes de outubro, os alumnos tiveron a iniciativa de sementar especies autóctonas para unha vez xerminen doar estes árboles ás asociacións de montes afectadas polos lumes.
Deixamos unha primeira mostra da actividade iniciada polas alumnas de TCAE
Deixamos unha primeira mostra da actividade iniciada polas alumnas de TCAE
Visita á Fundación Sales
As pasadas semanas, os alumnos de primeiro e segundo de Formación Profesional Básica realizaron unhas visitas guiadas na Fundación Sales de Vigo. Nas mesmas coñeceron a actividade que desenvolve esta fundación así como as iniciativas que leva a cabo de cara á conservación da natureza así como outros proxectos de tipo solidario.
Os alumnos tiveron actividades nas que plantaron diversos tipos de sementes de leituga, carballo ou aloe vera, entre outros. Ao final da visita trouxeron unha planta como recordo da visita.
Os alumnos tiveron actividades nas que plantaron diversos tipos de sementes de leituga, carballo ou aloe vera, entre outros. Ao final da visita trouxeron unha planta como recordo da visita.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)