Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora, na que estiveron involucrados alumnos de ciclos medios e formación profesional básica así coma profesores do centro educativo.
lunes, 28 de noviembre de 2016
COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS
Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora, na que estiveron involucrados alumnos de ciclos medios e formación profesional básica así coma profesores do centro educativo.
viernes, 18 de noviembre de 2016
Nova campaña de recollida de alimentos navideños 2016
Como todos os anos, iniciamos a campaña de recollida de alimentos navideños en colaboración coa ONG AYUVI. Os alumnos comezaron a súa labor voluntaria organizados por grupos, onde os alumnos e alumnas do ciclo de TCAE son os encargados de informar polas aulas e recoller os alimentos que van aportando o resto de compoñentes da comunidade escolar.
¡¡¡Esperamos a vosa colaboración!!!!
martes, 27 de septiembre de 2016
Un novo curso
Iniciamos o novo curso co proxecto do voluntariado. Este ano xa implicados coa ONG Global Humanitaria coa recollida de roupa.
Esperamos as vosas aportacións.
Esperamos as vosas aportacións.
sábado, 21 de mayo de 2016
"Historias de Vida"
Os alumnos do colexio realizaron esta pequena curtametraxe para concienciar da importancia da adopción de animais e para sensibilizar ao resto da comunidade educativa e á poboación en xeral fronte ao maltrato animal.
Esperamos que vos guste
Congreso Galego de Voluntariado - Ferrol 2016
O pasado 20 de maio unha representación de alumnos e dous profesores participamos no Congreso Galego de Voluntariado celebrado en Ferrol, nas instalacións do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (CIS).
![]() |
| Os alumnos antes de iniciarse os actos do congreso |
O encontro constou de dúas partes, nunha primeira houbo varias conferencias e a presentación da curtometraxe (Vida) e do documental (Máis ca Vida). Dende logo foron o plato forte do encontro posto que deixaron aos nosos alumnos abraiados tanto nas proxeccións coma no turno de preguntas co director e os protagonistas.
![]() |
| Varias alumnas co director Rubén Riós |
![]() |
| Profes e alumnos do cole no photocall do congreso |
![]() | ||
| Kevin, Richard, Jairo e David |
![]() |
| Detalle da comida |
![]() |
| Carlota, Raquel, Carina, Andrea e Camila |
![]() |
| Antía e Alejandro |
Xa pola tarde os profes puidemos asistir ao world café e os alumnos tiveron a oportunidade de participar nos diferentes obradoiros, dende a visita ao centro de realidade virtual do CIS, a asistencia ao teatro foro así como os visionados das curtometraxes realizadas polos centros educativos e outras actividades.
![]() | |
| Richard, David, Kevin, Jairo, Carina, Carlota, Antía, Alejandro e Raquel |
Como despedida asistimos ao programa de radio emitido en directo dende o salón de actos así como á proxección dun pequeno video de 3 minutos coelaborado polos centros participantes, facendo entrevistas a voluntarios alleos aos centros.
Para rematar queremos felicitar aos alumnos polo seu traballo e comportamento en todo momento, así como pola súa implicación en cada unha das actividades realizadas.
¡¡¡Noraboa!!!
martes, 10 de mayo de 2016
Cepillado de dentes
Os alumnos do Ciclo Medio de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería fixeron varias representacións para fomentar o cepillado de dentes entre os alumnos de infantil do Colexio San Miguel 2 e do Colexio El Castro
Visita "Os Biosbardos"
Algúns membros do comité de alumnos do centro fixeron unha visita á protectora "OS BIOSBARDOS". A visita consistiu en coñecer as instalacións así como as accións que levan a cabo dentro da protectora.
Aproveitando a visita, coñeceron ós cans que buscan dono ou están sendo atendidos. Ademáis fixeron un percorrido con eles por fora das instalacións xa que o día se prestaba para iso.
Queremos agradecer a implicación dos voluntarios da protectora OS BIOSBARDOS e a súa amabilidade na visita que levamos a cabo.
Tamén queremos aproveitar para animarvos á adopción de animais coma estes.Deixamos aquí o enlace á web da protectora para que poidades coñecer os seus proxectos.
http://protectoraosbiosbardos.org/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















