martes, 6 de marzo de 2018

Actuación infantil

Coma todos os anos, os alumnos e alumnas de TCAE prepararon unha actuación teatral para fomentar o cepillado de dentes entre os rapaces do noso grupo educativo.


lunes, 5 de marzo de 2018

SEMANA DA CIENCIA

O pasado mes de febreiro celebramos a semana da ciencia, onde os alumnos de enferemería e telecomunicacións prepararon nas súas aulas diferentes proxectos.


Nestas fotos podemos ver ás alumnas e alumnos de TCAE nas diferentes exposicións explicativas que prepararon para o resto de alumnado.




Os alumnos puideron comprobar o seu estado de saúde así como realizar pequenos experimentos científicos.




Un dos aspectos máis interensantes foi o intento de concienciación dos danos provocados polo tabaco e o alcohol.



Tamén se fixeron probas de alcoholemia e de glucosa 




Os alumnos de telecomunicacións prepararon nas súas instalacións unha exposición de aparatos de audio e son así como pequenos experimentos relacionados coas asignaturas do ciclo.



lunes, 18 de diciembre de 2017

Remate da campaña do Nadal 2017

A pasada semana fixemos entrega ás asociacións Vida Digna e Ayuvi da comida e dos xoguetes doados pola comunidade educativa na Campaña de Nadal solidario que implementanos coma todos os anos nestas datas.
Queremos agradecer dende aquí a todos os implicados neste proxecto a súa colaboración tanto en forma de doazón coma no tempo empregado no voluntariado.

 








Felices Festas!!

domingo, 3 de diciembre de 2017

Colaboración Banco de Alimentos 2017

Estamos moi orgullosos da implicación dos nosos alumnos e alumnas neste curso académico 2017-2018 pola súa colaboración en todas as actividades desenvolvidas con carácter voluntario. Especialmente nesta fin de semana, colaborando co Banco de Alimentos na Gran Recollida 2017. A continuación mostramos unha serie de fotos de cada grupo de voluntarios que fixeron turnos tanto o venres coma o sábado. Tamén queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado do centro xa que sin a súa axuda non sería posible.















GRACIAS!

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Charlas doazón de órganos

Coma ven sendo habitual, tivemos o ciclo de charlas sobre doazón de órganos a cargo do Servizo Galego de Saúde.

Nestas charlas participaron os alumnos e alumnas de primeiro curso de grao medio de xestión administrativa e instalación de telecomunicacións, así como os alumnos de primeiro curso de FPB.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Campaña de recollida de xoguetes e comida navideña

Coma todos os anos, de cara á campaña de Nadal, iniciamos a recollida de xoguetes novos ou usados así como de comida típica das festas de Nadal para as asociacions Vida Digna de Ayuvi. A continuación amosamos o traballo dos alumnos e alumnas que ademáis de recoller e organizar os xoguetes os limpan e deixan en boas condicións para a súa doazón ás asociacións.