miércoles, 16 de marzo de 2022

AXUDA A UCRANIA

Nas derradeiras dúas semanas se impulsou desde o centro, a recollida de material para enviar a Ucrania por mor da guerra.
Numerosas persoas doaron desde material de hixiene, mantas, roupa, pañais, etc., que foi onte deixado no punto de envío a través da asociación galega de axuda a Ucrania de Vigo.

Queremos dar as gracias a toda a comunidade educativa pola súa colaboración.





miércoles, 16 de febrero de 2022

PROXECTO ESCOLA SOLIDARIA

 No día de onte iniciamos as charlas do proxecto escola solidaria 2021-2022. Os alumnos e alumnas de TCAE tiveron unha charla online desde a sede da ONG e dende Malawi, onde traballan en proxectos solidarios.






Nos vindeiros días se complementará a charla dinámica cunha exposición no centro

martes, 11 de enero de 2022

RECOLLIDA DE ALIMENTOS NAVIDEÑOS 2021

Como cada ano nestas datas, o centro colaborou coa fundación AYUVI na recollida de alimentos navideños para familias desfavorecidas.




Queremos agradecer desde aquí a toda a comunidade educativa na súa implicación neste proxecto.


martes, 1 de junio de 2021

COLABORACIÓN AECC

 

 

Volvemos a intentar involucrar no alumnado o compromiso e a participación nas actividades colaborativas. Neste caso na campaña da AECC de xuño.

 

Varios alumnos e alumnas do ciclo medio de Técnicos Auxiliares en Coidados de Enfermería serán voluntarios na campaña de cuestación 2021.



viernes, 20 de noviembre de 2020

GRAN RECOLLIDA VIRTUAL DO BANCO DE ALIMENTOS

Como todos os anos, este curso volvemos a implicarnos coa gran recollida do banco de alimentos de Vigo. Coma é evidente, este curso non pode ser de xeito presencial, pero fomentamos a participación de toda a comunidade educativa facéndonos eco da publicidade en redes sociais. 
 

 

miércoles, 11 de noviembre de 2020

Inicio RCES 2020/2021

Este curso por mor da COVI-19 iniciamos unha campaña de concienciación do lavado de mans así como da súa correcta realización.

Os alumnos e alumnas de TCAE visitaron as aulas de todos os compañeiros do centro para dar unha charla explicativa ao respecto.





 




miércoles, 11 de diciembre de 2019

Recollida de alimentos navideños

Coma todos os anos, facemos a nosa aportación á Fundación AYUVI, cos alimentos navideños que recolleron por aportacións dos nosos alumnos.
Queremos agradecer especialmente ás alumnas e ós alumnos de TCAE pola súa implicación