miércoles, 4 de mayo de 2016

Lavado de mans


Os alumnos e alumnas do ciclo medio de coidados auxiliares de enfermería fixeron este video para tratar de concienciar da importancia de lavar as mans. Felicidades polo resultado!!!!

viernes, 8 de abril de 2016

Fin da gravación do spot solidario


Esta semana rematamos de gravar o Spot Solidario relacionado coa adopción de animais e de concienciación contra o abandono e maltrato animal.

Gracias a todos os participantes por involucrarse da maneira en que o fixeron para que isto resultase proveitoso, didáctico incluso. E por suposto, qué dicir das súas mascotas, que portaronse en todo momento de maneira exemplar, como queda reflexado na imaxe :)

martes, 29 de marzo de 2016

Campaña recollida material escolar e hixiene Refuxiados

Comezamos esta semana coa campaña de recollida de alimentos, material escolar e material de hixiene para refuxiados. Esperamos a participación de toda a comunidade educativa unha vez máis.

lunes, 7 de marzo de 2016

Gravación do Spot solidario

O pasado xoves comezamos a gravación do spot solidario relacionado coa adopción de animais e de concienciación contra o abandono e maltrato animal.

Vos deixamos unhas cantas fotos do día de gravación que compartiron os animais nas nosas aulas do centro





lunes, 22 de febrero de 2016

Xornada de convivencia en Santiago de Compostela

A pasada fin de semana celebrouse no albergue La Salle de Santiago unhas xornadas de convivencia de alumnos de diferentes centros de galicia que participan na RCES. Participaron en diversas dinámicas de traballo programada dende unha perspectiva de empoderamento da mocidade e de proactividade para a mellora constante do programa dende os seus propios protagonistas. Agradecer ás nosas alumnas Iris e Susana a súa implicación e colaboración para asistir.


lunes, 15 de febrero de 2016

Video "Móvete"


O pasado ano, no encontro da Rede de Centros Educativos Solidarios, celebrado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, participamos na gravación do video "móvete", canción creada e interpretada por Paco Nogueiras. Esperamos que vos guste e poidades encontrar algunha cara coñecida.

jueves, 4 de febrero de 2016

Comité 2015/2016

O comité solidario de alumnos 2015/2016 está formado por 9 alumnas e 2 alumnos. 4 do Ciclo Medio de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería, 2 do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, 2 do Ciclo Medio de Telecomunicacións, 2 da Formación Profesional Básica de Xestión Administrativa e 1 da Formación Profesional Básica de Xestión Comercial.

As primeiras decisións do comité foron tratar os seguintes aspectos solidarios.

1. Aspectos relativos á protección animal (traballar con protectores, bancos de alimentos para animais, etc.)

2. Tratar temas relacionados cos violencia machista

3. Dar a coñecer o proxecto do equipo de mediación na escola