O pasado martes, os alumnos e alumnas de TCAE tiveron unha charla sobre refuxiados
jueves, 24 de marzo de 2022
jueves, 17 de marzo de 2022
PROXECTO ESO QUE NOS UNE - ESCOLA SOLIDARIA
Estas semanas temos unha exposición do proxecto Escola Solidaria, e o vindeiro martes os alumnos de TCAE volverán a ter unha charla motivadora sobre estes proxectos levados a cabo pola ONG.
miércoles, 16 de marzo de 2022
AXUDA A UCRANIA
Nas derradeiras dúas semanas se impulsou desde o centro, a recollida de material para enviar a Ucrania por mor da guerra.
Numerosas persoas doaron desde material de hixiene, mantas, roupa, pañais, etc., que foi onte deixado no punto de envío a través da asociación galega de axuda a Ucrania de Vigo.
Queremos dar as gracias a toda a comunidade educativa pola súa colaboración.
miércoles, 16 de febrero de 2022
PROXECTO ESCOLA SOLIDARIA
No día de onte iniciamos as charlas do proxecto escola solidaria 2021-2022. Os alumnos e alumnas de TCAE tiveron unha charla online desde a sede da ONG e dende Malawi, onde traballan en proxectos solidarios.
martes, 11 de enero de 2022
RECOLLIDA DE ALIMENTOS NAVIDEÑOS 2021
Como cada ano nestas datas, o centro colaborou coa fundación AYUVI na recollida de alimentos navideños para familias desfavorecidas.
martes, 1 de junio de 2021
COLABORACIÓN AECC
Volvemos a intentar involucrar no alumnado o compromiso e a participación nas actividades colaborativas. Neste caso na campaña da AECC de xuño.
Varios alumnos e alumnas do ciclo medio de Técnicos Auxiliares en Coidados de Enfermería serán voluntarios na campaña de cuestación 2021.
viernes, 20 de noviembre de 2020
GRAN RECOLLIDA VIRTUAL DO BANCO DE ALIMENTOS
Como todos os anos, este curso volvemos a implicarnos coa gran recollida do banco de alimentos de Vigo. Coma é evidente, este curso non pode ser de xeito presencial, pero fomentamos a participación de toda a comunidade educativa facéndonos eco da publicidade en redes sociais.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)






