sábado, 21 de mayo de 2016

"Historias de Vida"


Os alumnos do colexio realizaron esta pequena curtametraxe para concienciar da importancia da adopción de animais e para sensibilizar ao resto da comunidade educativa e á poboación en xeral fronte ao maltrato animal.

Esperamos que vos guste

Congreso Galego de Voluntariado - Ferrol 2016

O pasado 20 de maio unha representación de alumnos e dous profesores participamos no Congreso Galego de Voluntariado celebrado en Ferrol, nas instalacións do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (CIS).

Os alumnos antes de iniciarse os actos do congreso

O encontro constou de dúas partes, nunha primeira houbo varias conferencias e a presentación da curtometraxe (Vida) e do documental (Máis ca Vida). Dende logo foron o plato forte do encontro posto que deixaron aos nosos alumnos abraiados tanto nas proxeccións coma no turno de preguntas co director e os protagonistas.

Varias alumnas co director Rubén Riós

Tras esta primeira parte no salón de actos, tivemos tempo para xantar e facer unha foto de grupo.
Profes e alumnos do cole no photocall do congreso
Kevin, Richard, Jairo e David
Detalle da comida

Carlota, Raquel, Carina, Andrea e Camila

Antía e Alejandro

Xa pola tarde os profes puidemos asistir ao world café e os alumnos tiveron a oportunidade de participar nos diferentes obradoiros, dende a visita ao centro de realidade virtual do CIS, a asistencia ao teatro foro así como os visionados das curtometraxes realizadas polos centros educativos e outras actividades.

Richard, David, Kevin, Jairo, Carina, Carlota, Antía, Alejandro e Raquel



 Como despedida asistimos ao programa de radio emitido en directo dende o salón de actos así como á proxección dun pequeno video de 3 minutos coelaborado polos centros participantes, facendo entrevistas a voluntarios alleos aos centros.

Para rematar queremos felicitar aos alumnos polo seu traballo e comportamento en todo momento, así como pola súa implicación en cada unha das actividades realizadas.

¡¡¡Noraboa!!!

martes, 10 de mayo de 2016

Cepillado de dentes

Os alumnos do Ciclo Medio de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería fixeron varias representacións para fomentar o cepillado de dentes entre os alumnos de infantil do Colexio San Miguel 2 e do Colexio El Castro








Visita "Os Biosbardos"

Algúns membros do comité de alumnos do centro fixeron unha visita á protectora "OS BIOSBARDOS". A visita consistiu en coñecer as instalacións así como as accións que levan a cabo dentro da protectora.
Aproveitando a visita, coñeceron ós cans que buscan dono ou están sendo atendidos. Ademáis fixeron un percorrido con eles por fora das instalacións xa que o día se prestaba para iso.
Queremos agradecer a implicación dos voluntarios da protectora OS BIOSBARDOS e a súa amabilidade na visita que levamos a cabo.
Tamén queremos aproveitar para animarvos á adopción de animais coma estes.

Deixamos aquí o enlace á web da protectora para que poidades coñecer os seus proxectos.

http://protectoraosbiosbardos.org/

miércoles, 4 de mayo de 2016

Lavado de mans


Os alumnos e alumnas do ciclo medio de coidados auxiliares de enfermería fixeron este video para tratar de concienciar da importancia de lavar as mans. Felicidades polo resultado!!!!