miércoles, 25 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO SOLIDARIO

O 23 de abril no día do libro celebramos unha venda solidaria para recollida de fondos para a ONG VIDA DIGNA. Foi todo un éxito gracias á colaboración dos alumnos tanto na montaxe do evento como pola participación na doazón e compra dos libros. A continuación deixamos unha mostra da actividade no centro











lunes, 23 de abril de 2018

COLABORACIÓN MONTES DE CORUXO

Durante todo o curso estivemos implicados na reforrestación tras os incendios que afectaron a toda a área metropolitana. Fai unhas semanas doamos á asociación de montes de coruxo un total de 50 árbores, castaños na súa maioría, como pequena aportación da comunidade escolar.


viernes, 20 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO SOLIDARIO

Durante as últimas semanas fíxose unha recaudación de libros doados por alumnos, profesores e pais para a celebración o vindeiro luns día 23 de abril do día do libro solidario, onde se venderan estes libros para a continuación doar todo o recaudado á ONG VIDADIGNA, coa que levamos colaborando dende fai anos a través de diferentes iniciativas solidarias.

Animamos a todos os integrantes da comunidade educativa a participar neste evento