miércoles, 8 de noviembre de 2017

Visita á Fundación Sales

As pasadas semanas, os alumnos de primeiro e segundo de Formación Profesional Básica realizaron unhas visitas guiadas na Fundación Sales de Vigo. Nas mesmas coñeceron a actividade que desenvolve esta fundación así como as iniciativas que leva a cabo de cara á conservación da natureza así como outros proxectos de tipo solidario.
Os alumnos tiveron actividades nas que plantaron diversos tipos de sementes de leituga, carballo ou aloe vera, entre outros. Ao final da visita trouxeron unha planta como recordo da visita.










No hay comentarios:

Publicar un comentario