martes, 10 de mayo de 2016

Visita "Os Biosbardos"

Algúns membros do comité de alumnos do centro fixeron unha visita á protectora "OS BIOSBARDOS". A visita consistiu en coñecer as instalacións así como as accións que levan a cabo dentro da protectora.
Aproveitando a visita, coñeceron ós cans que buscan dono ou están sendo atendidos. Ademáis fixeron un percorrido con eles por fora das instalacións xa que o día se prestaba para iso.
Queremos agradecer a implicación dos voluntarios da protectora OS BIOSBARDOS e a súa amabilidade na visita que levamos a cabo.
Tamén queremos aproveitar para animarvos á adopción de animais coma estes.

Deixamos aquí o enlace á web da protectora para que poidades coñecer os seus proxectos.

http://protectoraosbiosbardos.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario